Veleno de cobra

Veleno de cobra
Aparello do veleno da vipera berus
Identificadores
SímboloToxin_1
PfamPF00087
InterProIPR003571
PROSITEPDOC00245
SCOPe2ctx / SUPFAM
OPM superfamily55
OPM protein1txa

O veleno de serpe ou de cobra (cobra en galego sinónimo de serpe en xeral, non só da especie asiática que tomou o nome do galego-portugués)[1][2][3] é saliva altamente modificada.[4] O veleno é parte dun conxunto: o aparello, que se compón de glándulas de veleno que o sintetizan, e un sistema de inxección, que consta de cairos modificados que permiten a penetración do veleno nunha presa ou nun depredador ou ameaza.[5] As glándulas que secretan as zootoxinas son unha modificación da glándula salivar parótida doutros vertebrados, e usualmente atópanse a cada lado da cabeza, debaixo e detrás do ollo, encapsulado nunha envoltura muscular.

As glándulas teñen grandes alvéolos nos cales se almacena o veleno sintetizado antes de transmitilo por un conduto á base de cabeiros tubulares ou canalizadas, a través dos cales se expulsa. Os velenos de cobra conteñen máis de 20 compostos diferentes, na súa maioría proteínas e polipéptidos.[6][7] O veleno de serpe ten dúas funcións principais: primeiro, a inmovilización da presa e en segundo lugar a dixestión da mesma. Componse dunha mestura complexa de proteínas, encimas e varias outras substancias. As proteínas son responsábeis para os efectos tóxicos e letais do veleno e a súa función de inmobilizar a presas. As encimas teñen un papel importante na dixestión da presa, e varias outras substancias son responsábeis de efectos biolóxicos importantes, pero non letais.[5][8][7][5]

  1. Diario, Nós. "As duas palavras galego-portuguesas mais internacionais, com um epílogo galego tragicómico". Nós Diario. Consultado o 2022-04-11. 
  2. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-11. 
  3. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-04-11. 
  4. "Reptile Venom Research". Australian Reptile Park. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2010. Consultado o 21 de decembro de 2010. 
  5. 5,0 5,1 5,2 (Editado por) Bauchot, Roland (1994). Snakes: A Natural History. New York City, NY, USA: Sterling Publishing Co., Inc. pp. 194–209. ISBN 1-4027-3181-7. 
  6. (editado por) Halliday; Adler, Tim; Kraig (2002). Firefly Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. Toronto, Canadá: Firefly Books Ltd. pp. 202–203. ISBN 1-55297-613-0. 
  7. 7,0 7,1 Bottrall, Joshua L.; Frank Madaras, Christopher D Biven, Michael G Venning, & Peter J Mirtschin (setembro de 2010). "Proteolytic activity of Elapid and Viperid Snake venoms and its implication to digestion" 1 (3): 18–28. PMC 3086185. PMID 3086185. Consultado o 26 de decembro de 2011. 
  8. Mattison, Chris (2007 (first published in 1995)). The New Encyclopedia of Snakes. New Jersey, USA: Princeton University Press (Princeton and Oxford) first published in Blandford. pp. 117. ISBN 0-691-13295-X. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy